15 abril 2018

GALEGOS NO MUNDO: TAILANDIA

E continuamos a nosa xenial viaxe polo mundo da man de Alberto, galego viaxeiro que visitou Tailandia para facer turismo e se cadra...meditar!


Entre as marabillosas cousas que coñecimos da súa man atopamos as increíbles praias de augas cristalinas. Tan so con miralas xa desexamos que chegue o verán!

Alí teñen a súa propia moeda, os baths e foi tan riquiño que nos trouxo unha para cada un de nós! Grazas!!


Tailandia é un lugar cheo de contrastes. Podes atopar increíbles rañaceos nas grandes cidades así como templos espectaculares onde rinden culto aos budas, para eles deuses sagrados que lles axudan de forma espiritual.




Ademáis coñecimos que hai uns animais moi simpáticos cos que hai que ter coidado para que non te "rouben" as túas pertenencias, non si...Alberto?



Entre os moitos vídeos e fotos que compartiu connosco, tamén puidemos saber que hai un medio de transporte que empregan moito que se chama tuc-tuc.

Vimos algunha comida e vestimentas típicas, como os escorpións ou as sedas con motivos de animais como o elefante así como algúns mercados onde se venden. Un deles era alucinante, estaba xusto nas beiras das vías do tren e outro na auga, onde sorprendentemente no vídeo vimos como saía un enorme lagarto para pousarse a respirar! Qué pasada!


Foi unha viaxe alucinante e estamos moi agradecidos por facernos partícipes dela!

Namasté Alberto



MÁIS SOBRE ROMA






TEMPO DE PASCUA

Preme enriba da imaxe e disfruta cos coelliños de pascua máis chulos!

Fixemos un obradoiro de Pascua coa axuda das familias e ademáis de pasalo moi ben...levamos para casa uns ovos adornados chulísimos! E a coelliña de pascua deixou un montón de ovos de chocolate espallados polo patio...atopamos moitísimos! Mirade, mirade!


Preme enriba da foto para ver as fotos do obradoiro coas familias e da busca de ovos!

CUMPLES DE FEBREIRO E MARZO

Nos pasados meses de febreiro e marzo estiveron de aniversario : MIRIAM e IAGO  cumpliron 4 en febreiro e MARTIÑO 6 en marzo.





A HORTA DE CARRIO




Máis fotos premendo AQUÍ!

11 marzo 2018

GALEGOS NO MUNDO: REINO UNIDO

E seguimos co noso paseo por diferentes partes do mundo esta vez da man da nosa amiga Leila que vive no Reino Unido!
Leila é unha amiga da profe que marchou hai uns aniños con Sergio (o seu mozo) a vivir a un sitio do Reino Unido que se chama Rugby.

Aprendimos con ela que alí teñen diferente moeda á que temos nós, se chama libra.

Tamén nos ensinou unha comida típica inglesa que se chama fish and chips e que os venres é o día que normalmente o comen!

Tamén tivemos a gran sorte de ver o seu coche! Que é diferente ao noso porque ten o volante no lado dereito e conducen tamén ao revés que nós. A matrícula tamén é distinta!

Enviounos vídeos sobre como é o sitio onde traballa e en qué consiste a súa labor, ela é terapéuta hortícola e axuda á xente que esqueceu como facer algunhas cousas a lembralas e a practicalas, por exemplo como coller un autobus pero tamén traballa con eles nun xardín e nunha horta e facendo actividades incluso con animais, como os galgos!




Leila enviounos un montón de vídeos máis como por exemplo como son os parques dos nenos no Reino Unido, alucinantes!!!

Ademáis nos fixo partícipes dunha excursión que fixo con Sergio á casa onde naceu William Shakespeare e tamén como disfrutan os ingleses os fins de semana na natureza.

Moitas grazas Leila e Sergio por ensinarnos un anaquiño das costumes e paisaxes ingleses! See you soon!




O DÍA DE ROSALÍA

Todos os 24 de febreiro festexamos en Galicia o nacemento de Rosalía de Castro. Na escola de Carrio quixemos facerlle a nosa propia homenaxe.

E como agasallo para os nosos ouvidos e ollos...
ROSALÍA PEQUENIÑA


PARABENS ROSALÍA!

MUSEOS DO MUNDO

Dentro da actividade que estamos a desenvolver este trimestre na escola está a de achegarnos a visitar de forma virtual algúns museos importantes ou polo menos interesantes que hay no mundo.


MUSEO DO PRADO, MADRID


Se te apetece, podes dar unha volta de maneira virtual polo museo da man da Infanta Margarita e así coñecer algunha das obras máis importantes premendo AQUÍ.


MUSEO DE SALVADOR DALÍ, FIGUERES, GIRONA



Aquí temos uns vídeos sobre Salvador Dalí, a súa vida e obra.









Pero tamén podedes xogar a soñar como facía Dalí nas súas obras premendo AQUÍ.

MUSEO MOMA, NOVA YORK

Nesta ocasión viaxamos de modo virtual tamén ao MOMA para coñecer obras moi interesantes de artistas mundialmente coñecidos. Preme na imaxe para xogar e coñecer máis!


MUSEO DO JURÁSICO DE ASTURIAS, MUJA

Os nenos e nenas sempre tiveron moita espectación cos dinosaurios. En Asturias está o MUJA e quixemos dar unha volta polo museo e os alrededores para coñecer e lembrar os nomes e as características máis representativas dos dinosaurios.Preme na imaxe para ter máis información!


 Podes xogar unha partida de memory, a ver cantas parellas es capaz de xuntar! Preme na imaxe!


Crea os teus propios dinosaurios con este xogo! 
A ver cal é o máis divertido ou o máis terrorífico! 
Preme AQUÍ!

Aquí tedes unha exposición que houbo no Reino Unido sobre dinosaurios sobre a que Xoel nos trouxo información.

OS ROBOTS DE AMADOR


Amador é un mestre xubilado dos que pedirías que tivera sido o teu profe na EXB. De feito...por poco non foi o meu!!

Con enerxía e ganas veu á escola para ensinarnos as súas interesantes e divertidas creacións. Fai robots con toda clase de materiais ou obxectos reciclados. Reutiliza e lle da vida a baterías que os demáis humanos rexeitamos.

Participa  cunha asociación que hai na DOMUS ou Casa do Home na cidade da Coruña chamada BRICOLABS.

Moitas grazas á familia de Martiño porque foi por eles que tivemos a sorte de contar con él na escola!

Se queres ver as fotos do fantástico día que pasamos con Amador, preme AQUÍ.

CUMPLES DE XANEIRO

No pasado mes de xaneiro houbo varios cumples en Carrio!
ALEX cumplíu 4 aniños e MARTINA 5!



Sorpresa!