27 enero 2008

A LEVAR...O QUE A MEIGA DIGA!


Recordade que para o luns a Meiga mándanos levar uns coloretes ben pispiretes!!!

QUE FESTA!!

Na clase esta semana xa comezamos a traballar sobre a temática do Entroido. Como ven sabedes este ano imos a disfrazarnos de pintores/as, pero non ven mal tampouco que @s nen@s disfruten disfrazándose de forma libre. Para iso levei un montón de disfraces á clase, cos que o pasamos en grande. Tedes máis fotos no apartado das mesmas.

23 enero 2008

PREPARAD@S, LIST@S, XAAAAAAAAAAAAA CHEGOU O ENTROIDO!!!







Queridas mamás e papás!

Xa estamos en Entroido e como non podía ser doutro xeito na nosa aula imos a disfrazarnos!!

Somos uns artistas e por iso este curso imos a ir de pintor@s!!! Como Picasso, Van Gogh, Miró, Arcimboldo...

Aquí vai un adianto...e ainda falta a paleta, o pincel, o lienzo...

Tedes que fixarvos que cada un vai da cor do seu equipo...

Ata pronto!

O NOSO GUERNICA DA PAZ





Onte falamos sobre o que significa a PAZ. Despois de falar e explicarlles anécdotas que diferencian entre a paz e o que non significa paz, moit@s de el@s opinaron e entre as cousas que dixeron...

- É un señor

- É portarse ben

- Obedecer

- Non dar patadas

- Non pelexar

- Non empuxar

- Non dicir palabrotas etc.


No ordenador lles presentei unha foto dun señor que se chamaba Pablo Picasso e que pintou unha pomba da paz. Falamos das pombas e viron a pomba de Picasso. Falamos do que non era paz e dixeron cousas contrarias ás anteriores, estar tristes...

Ensineilles o cuadro do Guernica e falamos das cores(tristes, sen luz...), as caras de susto, sen ledicia, non están contentos, non fan a paz... Por iso decidimos darlle nós vida e paz e pintamos os nosos Guernicas da paz.

19 enero 2008

XA TEMOS FOTOS NO BLOG!!!


Xa están listas as fotos d@s nen@s. Para poder velas tedes que pinchar nos apartados do lado dereito do blog. En cada carpeta aparecen as fotos relativas á temática da mesma. Espero que vos gusten!

12 enero 2008

INVERNO, INVERNO...


Este trimestre imos a traballar coa segunda lámina de Arcimboldo sobre a estación de Inverno. Os limones, as naranxas, as árbores espidas de todo...

Para o festexo do Día da Paz falaremos de Picasso e de obras relacionadas coa temática. Tamén comezaremos a traballar pouco a pouco o Entroido que este curso o temos á volta da esquina!

Ademáis de todo isto, traballaremos as partes da casa e o esquema corporal, así que imos ven cargadiños de traballo!!!

VOLTA AO COLE!



Xa estamos de volta outra vez!!

Os Reis e Papá Noel deixáronnos agasallos na nosa clase e tivemos que facer algúns cambios en canto á disposición da aula.

Xa teño a maioría das autorizacións para poder poñer imaxes no blog. Espero unha semaniña máis e xa empezaredes a ver guapas e guapos por aquí!!!




Aquí temos as zonas de xogo simbólico
e construccións.
Ademáis temos a zona da alfombra que usamos para sentarnos cando falamos polas mañás ou cando contamos contos, bailamos...











Aquí temos a zona de traballo con ordenadores
e a zona onde está a miña mesa e
o lugar onde collen os manteis para tomar a merenda e onde poden coller auga cando teñen sede.

Aquí temos a nosa biblioteca de aula. Neste trimestre comezaremos a levar libros en préstamo para casa. @s nen@s soen ler despois da merenda ben sentándose á mesa que vedes ou collendo unha alfombra en sentando no chan.

Esta é a nova zona dos puzzles


Aquí temos a zona de material, libros, bandexas...