30 junio 2011
MOITAS GRAZAS POR TODO E ATA SEMPRE
MIL GRAZAS A TODOS POR TODO. NON VOS ESQUECEREI. NO MEU CORAZÓN XA HAI UN PEDACIÑO DE MIÑO COMPARTIDO CON MORAÑA E PERILLO.
"Un año escolar que termina, una página que llega a su fin; un peldaño más que subir.
La oportunidad comienza de nuevo; no es el fin, sólo es el inicio de tu porvenir"
ATA SEMPRE!
27 junio 2011
Síntoo...
Síntoo!!!
Teño paralizado o blog por culpa de non atopar o cable da cámara de fotos! E non podo inxerir directamente a tarxeta porque o lector está estropeado...que mala sorte! Intentarei solucionalo mañá! Temos fotos divertidísimas! Lembrade que...o bo faise esperar!!
19 junio 2011
15 junio 2011
La mota de polvo y El clarinetista de Hamelin
A semana pasada tivemos a sorte de contar coa visita nada máis e nada menos que...do Clarinetista de Hamelin!
Todo Infantil e o 1º ciclo de Educación Primaria puidemos divertirnos e pasar un bo rato con contos musicados. O instrumento que escoitamos era o clarinete. Temos que darlle as grazas a Jose Luis!
Que viva a música!
Preme neste enlace para ver as fotos: FOTOS
Relaxémonos...ai que ben!!
Tomemos a esta vaca sagrada como a mestra da relaxación!!!Veredes que ben nos sentimos todos!!!
06 junio 2011
AS NOSAS PLANTIÑAS E OS NOSOS BECHIÑOS...
Para os que tedes vermes de seda na casa:
1º Comen, comen, comen...follas de moreira.
2º Medran e medran.
3º Buscan un lugar tranquiliño e fan o casulo(máis coñecido como "capullo de seda"). Este casulo pode variar de cor, unhas veces é amarelo outras máis blanquiño...métense dentro del.
4º Están no casulo uns días ou semanas(non mo queren dicir cando entran...jaja)
5º Saen do casulo convertidas en...BOLBORETAS!
6º Comezan a buscar mozo ou moza e se se namoran...poñerán ovos.
7º As bolboretas morren(de amor, lles digo eu...) e os ovos...NON OS TIREDES, POR FAVOR. Se non queredes tantos ovos para o seguinte ano...no lume de San Xoan...botádeos a arder antes de que poidan sufrir... os demáis tedes que gardalos nun lugar ás escuras e o ano seguinte polo San Xosé...volta a empezar!

02 junio 2011
SORPRESA: NOVO NACEMENTO NO COLE DE MIÑO!
A señora ovella tivo un bebé hai uns días e como somos amigos de Juan o conserje...fomos velo con él. É moi bonitiño! O señor galo está un pouco triste porque as súas amigas as galiñas non poden estar xunto él...que vida esta... A señora egua está moi guapa, ás veces vémola pola venta comendo herbas na parte de atrás do cole...En fin...que na nosa clase...disfrutamos cos animales e sobre todo...respectámolos. ;-)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)