29 febrero 2012

AS NOVIDADES...ENCÁNTANNOS!










Hai uns días, remexendo nalgunhas das bolsas que hai no adorable estante que teño na clase…atopei estas reliquias de non sei cando… Son verdadeiras obras de arte feitas a man: títeres para dedo, mercados en Barcelona a algún amigo/a que non sei ben de onde procedía, o que si queda clariño é que…ben traballador e artista!

E claro…as novidades…atraen e moito!!

INVERNO...CASE, CASE...ESCAPACHES!






Estes días…da gusto estar fóra!! Porque o Señor Inverno…debe andar durmido e a Señorita Primavera está chegando pouco a pouco…BENVIDA, que xa lle queda pouco!!!

Estes bonecos adornando a árbore…dentro de nada estarán derretidos! Porque a este paso…con este sol…jeje

24 febrero 2012

AGASALLO PARA AS BOLBORETAS!

carrio

Grazas á miña compi Sandra, por este recurso!!! Non me digades que non é fermoso... jeje
BOA FIN DE SEMANA!!

23 febrero 2012

E POR FIN O VENRES...FESTA RACHADA DE ENTROIDO!









PREPARAMOS OS NOSOS TOCADOS DE INDIOS









MANDIL DE CORES MIL E COLARES A MARES!

E para seguir coa festa en Carrio o mércores e o xoves da semana pasada tiñamos que levar un mandil de cores mil e colares a mares!

Foi moi divertido e pasámolo moi ben! Mirade que guapísimos estábamos!











22 febrero 2012

15 febrero 2012

ES UN AMOR!




NAMORADO/A...

DA TÚA NAI, DO TEU PAI, DA TÚA AVOA, DO TEU AVÓ, DA TÚA IRMÁ, DO TEU IRMÁN, DO TEU FILLO, DA TÚA FILLA, DO TEU CAN, DA TÚA CADELA, DO TEU GATO, DA TÚA GATA, DO TEU PAXARO, DA TÚA TARTARUGA, DO TEU AMIGO, DA TÚA AMIGA, DO TEU MOZO, DA TÚA MOZA, DA TÚA MULLER, DO TEU HOME, DO TEU COCHE, DA TÚA CHAQUETA, DA TÚA CASA, DUN LUGAR DO MUNDO...PERO NAMORADO/A TODOS OS DÍAS DO ANO...

14 febrero 2012

XA CHEGOU O ANTROIDÓN A CARRIO!











XA CHEGOU O ANTROIDÓN CUN GRAN NOTICIÓN!

CADA DÍA DA SEMANA CUNHA COUSA PREPARADA!

LUNS 13: Unha garabata ben “ghuapa”

MARTES 14: Unha perruca ben cuca

MÉRCORES 15: Un mandil de cores mil

XOVES 16: Colares a mares

VENRES 17: Os indios chegan a Carrio!!

Esta actividade ten como finalidade rescatar o coñecido “choqueiro” tan típico da nosa comunidade! Así cada día poñemos elementos "sen sentido" e o divertido da cuestión é chegar todos e todas á escola así vestidos! Neso consiste o Entroido, en pasalo ben con pouca cousa!

Será divertido, anímate e participa!

Entroido 2012: A Coruña ensalza al Dios Momo y a los Choqueiros


Nós pasámolo xenial estes días na clase porque temos un montón de disfraces e inventamos xogos con eles, mira, mira...semellamos "choqueiros"!!