23 marzo 2014

NACHOS CON GUACAMOLE...VIVA MÉXICO!

Para rematar e como actividade estrela no traballo sobre Norteamérica e os seus estados, fixemos unha actividade conxunta na nosa escola.
 Pasámolo moi ben e ademáis...aprendemos, compartimos, rimos e chupamos os dedos!! 
Fixemos NACHOS CON GUACAMOLE! 
Ándale, ándale... mira qué ben o pasamos!


                              Click to play this Smilebox scrapbook



FESTA DA ISTORIA DE RIBADAVIA

Continuando a nosa viaxe por OURENSE decidimos facer a seguinte parada en RIBADAVIA. Raquel nos contou os detalles máis relevantes dunha das festas con máis encanto, a FESTA DA ISTORIA.
Coñecimos a moeda! Os MARAVEDÍS! Nada de €...



Visionamos algúns vídeos de actividades que se facían na época medieval, que é a que se representa nesta festa, como unha voda xudía, a cetrería ou as loitas e espectáculos para entreter aos reis.




Tamén entramos nun castelo para coñecer qué partes tiña e qué persoas vivían dentro del.
Se queres volver a velo...preme aquí.
Para rematar decidimos facer uns debuxos do que máis nos chamou a atención e investigar sobre os escudos que aparecían no castelo de Ribadavia buscando o escudo do noso primeiro apelido nesta páxina tan interesante e logo debuxalo.
Xa veredes que ben quedaron.


PAN DE CEA

Seguimos coñecendo OURENSE  e temos unha sorte tremenda porque contamos cunha ourensá que nos axuda e nos ensina moitas cousas. A profe Raquel a semana pasada trouxo para que probáramos o saboroso PAN DE CEA!
Ademáis de papalo e non deixar nin as migas, aprendemos como é a súa elaboración e coñecimos algúns dos fornos que o despachan. Graciñas Raquel!


 Preme enriba e coñece máis cousas
PREME ENRIBA E COÑECE MÁIS SOBRE ESTE PAN.




VIVA LA VIDA, FRIDA!

Rematando xa coa visita ao continente norteamericano...non podíamos deixar pasar a oportunidade de falar sobre unha muller mexicana e valente por mérito propio.
 Xa non é que sexa a musa da profe en canto a todo...é que todos e todas están fartos de ver a súa foto pola clase, ben sexa nas normas, en bolsas, adornos... 
Non estades equivocados...non! 
Estamos a falar da xenial FRIDA KAHLO!







06 marzo 2014

PELIQUEIROS DE CARRIO

Dende hai uns días estamos a traballar na clase a provincia de OURENSE dentro do proxecto sobre GALICIA que estamos a levar a cabo na nosa aula.





Aproveitando que a tradición do ENTROIDO é algo moi significativo e arraigado a moitos dos lugares máis coñecidos desa provincia (entre outras) e tamén como coa profe Dolores estuveron traballando aspectos relacionados co tema, quixemos aventurarnos nunha actividade moi motivadora e creativa: convertirnos en PELIQUEIROS creando as máscaras típicas do seu traxe.
O proceso durou varios días pero ao ver o resultado...valeu a pena! Pasámolo moi ben e sobre todo...hai que valorar o esforzo que puxemos todos e todas, incluidas as persoas colaboradoras! Grazas!
    
                         Click to play this Smilebox slideshow
Aquí como comezamos facendo as máscaras.

Click to play this Smilebox slideshow

Nestoutro como as pintamos e decoramos!

E aquí...o resultado!





ENTROIDO DIVERTIDO!!!

A semana pasada quixemos festexar en CARRIO o xenial festa do ANTROIDO!
Comezamos a semana coas divertidas ordes do MECO! Así mandounos ir á escola cada día dende o luns ata o xoves...
QUÉ LATA MADRUGAR! HOXE A CABEZA HAS ADORNAR!
PARA BEN VER D´DIANTE E D´ATRÁS, GAFAS POÑERÁS!
                                      

 UN TOQUE DISTINGUIDO, GRAVATA OU PANO CON ESTILO!
POR ARTE DE MAXIA NUN TRIS TRES, PÓÑOCHE A ROUPA DO REVÉS!

Pero non quedou a cousa aí...faltaba o melloriño!
O venres viñemos disfrazados da casa de forma libre e asistimos a unha sesión de maxia á Senra!
Mirade, mirade!


E despois voltamos ás escolas para facer a nosa particular festa rachada de Antroido compartindo os doces típicos que mandaron as familias, ainda que xa os degustamos durante os demáis días da semana e así fomos quentando o corpo para o día final! Grazas por participar!

05 marzo 2014