10 febrero 2016

ENTROIDO, QUE VIVA O ENTROIDO!

 Durante toda a semana estivemos festexando estas datas con un montón de actividades!

Obradoiros de Entroido coas familias relacionando o proxecto do bosque con esta temática festiva...fixemos:
- Máscaras do bosque
- Cintos de elfos
- Ás de fadas e dragóns
- Varitas máxicas de kiwi
Grazas ás familias de Marta D., Adrián e Nuno H.

Preme na imaxe para ver as fotos!
http://play.smilebox.com/SpreadMoreHappy/4e444d344d5449304e7a4d3d0d0a

Coa profe Dolores elaboramos parte dun pucho do traxe de Volante de Chantada, espectacular nos quedou a todos e todas os nenos do CRA!
 E como remate final a unha divertida semana...FESTÓN DE ANTROIDO!! Carrio enteiro caracterizado con traxes sobre o bosque! Preme na imaxe para ver as fotos!

http://play.smilebox.com/SpreadMoreHappy/4e444d344d5449324d6a4d3d0d0a

09 febrero 2016

SEMANA DA PAZ

Este ano na escola estivemos festexando a Semana da Paz con moitas actividades.
"O monstruo de cores" foi o protagonista total! Este monstruo ten un lío coas súas emocións! Moitas veces estamos igual que él, verdade?
 
Coa profe Eva Corredoira fixemos unhas bolsiñas de sales de baño de cores que ulían xenial! Cada cor representa un estado de ánimo ou emoción: vermello- rabia, amarelo- alegría, azul- tristeza, verde- calma, negro- medo e rosa- amor. Cada vez que nos sintamos un pouco tristes ou enfadados...podemos botar unhas poucas na bañeira e nos volveremos verdes de calma por dentro!
 Tamén fixemos unhas "pulseiras da calma" para que nos momentos nos que estemos un pouco alterados poidamos voltar á tranquilidade...


 E chegou o gran día...estando nós cunha actividade de sentimentos e emocións...chegou ela! Unha pombiña da paz para liberar e repartir a paz e a bondad por Bergondo adiante! Pero tamén cantamos unha canción que nos ensinou a profe María en Música e fixemos unha videoconferencia con todas as demáis escolas do CRA!
 Que viva a paz!Preme na imaxe para ver as fotos!
http://photopeach.com/album/g75dmn

E como rematísimo final...os nosos frascos da calma! Ai...qué idea tan chuli verdade? Non son xoguetes...iso o sabemos moi ben, serán unha ferramenta máis para calmar a nosa ira cando esta apareza...
Click to play this Smilebox slideshow


Aquí tedes outra actividade semanal que estamos a facer todos os venres: Como me sinto hoxe? Preme na imaxe para ver as fotos!
http://photopeach.com/album/ac6jg5

 

OS INVENTOS

Neste trimestre imos dar unha pequena volta pola Historia para coñecer os inventos máis destacados e sobre todo os seus autores e autoras. 
Na Prehistoria inventaron o lume, a roda, as lanzas...entre outras cousas.

Aos Exipcios temos que agradecerlle que inventaron a escritura, o papiro, a pasta de dentes ou a momificación.

Aquí temos a Nuno H. que nos trouxo papiro da súa casa. Tanto a planta como unha folla cunha pintura. Qué interesante Nuno!

Os Gregos teñen moita importancia nas nosas vidas porque grazas a eles hoxe podémonos duchar!
 

SERES MÁXICOS DO BOSQUE

Dentro da aprendizaxe motivadora deste curso,coa temática dos Bosques, comezamos un novo bloque de contidos para estructurar mellor o traballo.
Os seres máxicos dos bosques son criaturas que habitan nos bosques e fragas do mundo pero poden chegar a vivir noutros lugares.
Os gnomos apareceron na clase e nos deixaron a todos/as coa boca aberta! Preme na imaxe!
http://photopeach.com/album/10fcwbo


 Hugo trouxo un duende que de cando en vez nos lembra o importante que é respectar a natureza!

CUMPLEAÑERO DE XANEIRO

 PARABENS MATEO S.!
 XA TES 6 ANOS!

PICK, O OURIZO CACHO

Hai uns días que estamos a aprender en Carrio cun novo amigo. Trátase dun ourizo cacho chamado PICK.


 Este animaliño vive na Fraga de Cecebre e ten un irmán xemelgo que dentro de pouco tamén nos virá visitar.
Os ourizos son animais mamíferos que están recubertos de púas. Habitan nos bosques ou zonas de matorrais e sobre todo están activos polas noites. Qué comen? Estamos investigando... Temos dúas clases de ourizos: autóctonos e domésticos. Os primeiros está prohibidísimo telos como mascotas pois son animais salvaxes e como tales deben estar ceibes. Qué facemos se atopamos un ourizo e está en peligro? O primeiro depositalo nun lugar seguro e se non vemos que está ferido ou con risco de morte...deixalo, se fose a outra opción...levalo de inmediato a un Centro de Recuperación de Fauna Salvaxe, aquí na Coruña temos un en Santa Cruz. Imos escribirlles para ver se teñen algún ourizo recupérandose, porque a profe nos contou que hai moitos anos levou 3 crías de ourizo que caeran dun niño.

Mateo S. trouxo un ourizo feito por él con plastilina e pipas de xirasol. Mirade qué chulada!
 A Christian se lle ocurriu traerlle un amigo e apareceu cunha xoaniña sei que macho para xogue...

AS AVES

As aves estarán moi presentes nestes meses. Queremos saber tantas cousas sobre elas que xa se nos fai curta a semana...
 Marta D. trouxo información sobre os paporrubios, uns paxariños moi pequenos e fermosos. Tamén a Bieito, o moucho amigo da Biblioteca do Cra. Marta é unha artista, mirade qué imaxinación!
 Christian levou á clase unhas plumas dos parrulos dos seus avós. Grandes, pequenas, brancas, negras...explicou de marabilla como eran.
 Marta V. trouxo un libriño con historias sobre moitas aves e as súas características. Incluso ten lendas con datos moi interesantes! Iremos aprendendo un pouco cada día!

 Mateo S. trouxo un libro sobre aves onde aparecen moitas imaxes e informacións sobre paxaros moi coñecidos para nós como o moucho, o tucán...Iremos lendo!

E falando de aves...a profe Eva Batán nos deixou uns niños reais de paxaros. Non sabemos de qué clase de aves son pero podemos intuir que serán pequenas...Grazas Eva!
Estamos a construir diferentes tipos de niños dependendo de qué aves os habiten...Xa vos contaremos!

NOVO TRIMESTRE!

Á volta de Nadal todo foron sorpresas! A primeira atopar na clase un montón de agasallos que nos deixaran alí tanto Papá Noel, como os Reis Magos e O xenial Apalpador.
Quedamos abraiadas/os e sobre todo encantadas/os!
 Comezamos un novo trimestre e como tal novas temáticas para aprender e xogar.