09 febrero 2016

AS AVES

As aves estarán moi presentes nestes meses. Queremos saber tantas cousas sobre elas que xa se nos fai curta a semana...
 Marta D. trouxo información sobre os paporrubios, uns paxariños moi pequenos e fermosos. Tamén a Bieito, o moucho amigo da Biblioteca do Cra. Marta é unha artista, mirade qué imaxinación!
 Christian levou á clase unhas plumas dos parrulos dos seus avós. Grandes, pequenas, brancas, negras...explicou de marabilla como eran.
 Marta V. trouxo un libriño con historias sobre moitas aves e as súas características. Incluso ten lendas con datos moi interesantes! Iremos aprendendo un pouco cada día!

 Mateo S. trouxo un libro sobre aves onde aparecen moitas imaxes e informacións sobre paxaros moi coñecidos para nós como o moucho, o tucán...Iremos lendo!

E falando de aves...a profe Eva Batán nos deixou uns niños reais de paxaros. Non sabemos de qué clase de aves son pero podemos intuir que serán pequenas...Grazas Eva!
Estamos a construir diferentes tipos de niños dependendo de qué aves os habiten...Xa vos contaremos!

No hay comentarios: