09 febrero 2016

PICK, O OURIZO CACHO

Hai uns días que estamos a aprender en Carrio cun novo amigo. Trátase dun ourizo cacho chamado PICK.


 Este animaliño vive na Fraga de Cecebre e ten un irmán xemelgo que dentro de pouco tamén nos virá visitar.
Os ourizos son animais mamíferos que están recubertos de púas. Habitan nos bosques ou zonas de matorrais e sobre todo están activos polas noites. Qué comen? Estamos investigando... Temos dúas clases de ourizos: autóctonos e domésticos. Os primeiros está prohibidísimo telos como mascotas pois son animais salvaxes e como tales deben estar ceibes. Qué facemos se atopamos un ourizo e está en peligro? O primeiro depositalo nun lugar seguro e se non vemos que está ferido ou con risco de morte...deixalo, se fose a outra opción...levalo de inmediato a un Centro de Recuperación de Fauna Salvaxe, aquí na Coruña temos un en Santa Cruz. Imos escribirlles para ver se teñen algún ourizo recupérandose, porque a profe nos contou que hai moitos anos levou 3 crías de ourizo que caeran dun niño.

Mateo S. trouxo un ourizo feito por él con plastilina e pipas de xirasol. Mirade qué chulada!
 A Christian se lle ocurriu traerlle un amigo e apareceu cunha xoaniña sei que macho para xogue...

No hay comentarios: