09 febrero 2016

SEMANA DA PAZ

Este ano na escola estivemos festexando a Semana da Paz con moitas actividades.
"O monstruo de cores" foi o protagonista total! Este monstruo ten un lío coas súas emocións! Moitas veces estamos igual que él, verdade?
 
Coa profe Eva Corredoira fixemos unhas bolsiñas de sales de baño de cores que ulían xenial! Cada cor representa un estado de ánimo ou emoción: vermello- rabia, amarelo- alegría, azul- tristeza, verde- calma, negro- medo e rosa- amor. Cada vez que nos sintamos un pouco tristes ou enfadados...podemos botar unhas poucas na bañeira e nos volveremos verdes de calma por dentro!
 Tamén fixemos unhas "pulseiras da calma" para que nos momentos nos que estemos un pouco alterados poidamos voltar á tranquilidade...


 E chegou o gran día...estando nós cunha actividade de sentimentos e emocións...chegou ela! Unha pombiña da paz para liberar e repartir a paz e a bondad por Bergondo adiante! Pero tamén cantamos unha canción que nos ensinou a profe María en Música e fixemos unha videoconferencia con todas as demáis escolas do CRA!
 Que viva a paz!Preme na imaxe para ver as fotos!
http://photopeach.com/album/g75dmn

E como rematísimo final...os nosos frascos da calma! Ai...qué idea tan chuli verdade? Non son xoguetes...iso o sabemos moi ben, serán unha ferramenta máis para calmar a nosa ira cando esta apareza...
Click to play this Smilebox slideshow


Aquí tedes outra actividade semanal que estamos a facer todos os venres: Como me sinto hoxe? Preme na imaxe para ver as fotos!
http://photopeach.com/album/ac6jg5

 

No hay comentarios: