17 marzo 2016

BOSQUES DIFERENTES

Hai unhas semanas tivemos a sorte de ter na escola ao pai de Nuno H. ensinándonos un montón de cousas sobre os bosques chuviosos, concretamente unha extensión dun bosque de Costa Rica. Se aquí nos parece que temos verde...alí é unha pasada! Chove moito máis!!
Dende osos perezosos ata lagartos mini, pasando por árbores tremendamente xigantes. Incluso trouxo unha mochila de explorador!! Quedamos bastante abraiados do que se pode chegar a escoitar de noite...dá un pouco de medo pero a experiencia ten que ser...alucinante!! 
Grazas Markus!!
http://play.smilebox.com/SpreadMoreHappy/4e444d354e446b344e6a4d3d0d0a
 Preme na imaxen para ver o vídeo!

E falando de chuvia...cantos días caeu auga a cachón no mes pasado, verdade???
Había que aproveitar ese feito tan común na nosa terriña...así que decidimos ter unhas botas de auga no cole! Así non manchamos a clase cando voltamos do patio e podemos pasalo mellor sen poñernos ata arriba de auga e lama...bueno...non sempre o conseguimos!! É moi tentador ter ese planazo e non aproveitalo ao máximo...non?



E para rematar a experiencia xenial de ter a natureza ao noso alcance e pasalo ben tendo sempre respecto cara a ela...mirade o que pasou na leira do lado da escola!!
Talaron unha árbore!!!!! Esperamos que fose por estar seca ou enfermiña...sabemos ben que as árbores son unha das riquezas do noso planeta!


No hay comentarios: