10 noviembre 2016

DINOSAURIOS

Dentro do proxecto sobre a Prehistoria que estamos a traballar nas escolas do CRA...o tema dos dinosaurios é do máis atractivo para pequenos e non tan pequenos.
Nos días festivos a profe estuvo de viaxe por Asturias visitando o MUJA (Museo Jurásico de Asturias) e alí "integrouse" entre T.Rex, diplodocus ou triceratops e un recordiño para os nenos e nenas de Carrio...había que traer!



 Aquí nos tedes cun agasallo da profe Livia. Nada máis e nada menos que un ovo dun dinosaurio lucense! Xa estamos a ver o resultado...veredes, veredes!
Tamén a cada un de nós nos tocou un dino en miniatura traido dende a mismísima Colunga, cuna destes animais no norte de España.
Pero o tema ten o seu aquel...e como era de esperar nos animamos a levar info e cousas relacionadas  para aprender un pouco máis sobre eles!
 Pero como non podía ser todo tan fantástico no mundo dos dinosaurios...chegou o dichoso meteorito! E por desgracia...quedamos sen eles!Bueno...a tartaruga e o cocodrilo sei ca din que son os que quedaron...

No hay comentarios: