28 febrero 2017

A CERÁMICA E OS TELARES

Os homes e mulleres neolíticos sabían que a cerámica serviría como primeira forma de transportar obxectos, alimentos...e o descubrimento dos telares... de ir á última en canto a roupa se refire, xa o estaban anunciando! 

Paula e Marta trouxeron á escola un montón de figuriñas, xoias, caixiñas...de arxila, moi chulos! Grazas chicas!
 Así que cando os vimos...xa quixemos experimentar... e coa axuda da profe Eva fixemos uns fermosos recipientes de arxila que decoramos con cunchas, froitos, pedras... Metímolos no forno para cocer e houbo algunha que outra rotura, así que en canto arranxemos os desperfectos...levarémolos para casa!
Quedaron chulísimos!!



En canto aos telares...temos a sorte de contar con familias a mar de apañadas e colaboradoras como a de Martín e Martina que trouxeron á escola un super telar artesán, réplica moi similar aos telares da época, con pesas de arxila, pedras e fío de tecer de varios tipos. Despois de explicar aos compañeiros/as, puidemos probar a tecer e comprobamos que non é tan sinxelo. Grazas chicos!

Carme tamén trouxo un telar da súa casa e Maribel, a miña nai prestounos un feito a man e a máquina. Martiño levou un libro sobre telares en italiano!! Qué ben rapaces!

E había que probar!! Como non podía ser doutro xeito!
Primeiro fixemos uns telares con diferentes tipos de fíos pero nun papel. Quedaron moi chulos!


Pero probar de verdade non era iso...non, non!
E logo...por qué non montar un OBRADOIRO DE TELARES???
Pois veña...famiiiiiiiilias📢📢📢📢📢!!!! 
Coma sempre que vos pedimos axuda...partícipáchedes de forma espectacular!! E a profe Livia, que tamén nos axuda sempre un montón!!!! Grazas, grazas e máis grazas!!



http://www.smilebox.com/playBlog/4e4455784d7a63784e7a413d0d0a&blogview=true
 PREME enriba do telar e verás...!

 E ao final da mañá tivemos a sorte de ser convidados a tarta por unha compi de Lubre!!

Ademáis de todo isto...seguimos investigando moito sobre a época do neolítico e idade dos metais. Un clarísimo exemplo é a cantidade de materiais e información que traen os nenos e nenas á escola. Xenial, familias!! Moitas grazas!!
Martiño ensinounos unhas fotos dunha amiga da súa nai que é arqueóloga e está traballando nunhas excavacións en Inglaterra. Moi ben explicado, Martiño!!!
Carme trouxo un libro dos Bolechas sobre os Castros, que nos ven moi requeteben para o seguinte tema de traballo!! Ademáis un super tippi prehistórico ben chuli! 
Qué guai, Carme!
Uxía trouxo un libro que xa foi do seu pai de cando estudaba! Ademáis información sobre a Torre de Andrade en Pontedeume e mapas sobre esa vila! Qué interesante, Uxi!
Mateo levou á escola fotos que él mesmo buscou en internet sobre a temática. Vaia crack das tecnoloxías, Mateo!
Grazas a todas e todos!

No hay comentarios: