08 junio 2017

OBRADOIROS CASTREXOS FAMILIARES!

Rematando xa este curso tivemos a sorte de facer dous obradoiros propostos por duas familias.

A familia de Uma dirixiu un OBRADOIRO DE COIRO no que ademáis de falar dos usos e ferramentas que se utilizan para o traballo artesán, fixemos pulseiras moi chulas personalizadas e decoramos entre todos un agasallo fermosísimo para a nosa escola. 
Mil grazas Micaela e Pablo, foi moi divertido!
 Preme AQUÍ para ver máis fotos!


A familia de Carme organizou un OBRADOIRO DE TORQUES no que fixemos un percorrido polos elementos máis empregados na metalurxia e xoiería castrexa e fixemos un torque moi chulo e un colgante cun trisquel. 
Moitas grazas a Mónica e Raúl, pasámolo moi ben!

Preme AQUÍ para ver máis fotos!

No hay comentarios: