25 febrero 2018

TOLKIEN E O MUNDO DA FANTASÍA

Neste trimestre dentro do ámbito literario, estamos a coñecer un pouco aos personaxes da obra de John Ronald Reuel Tolkien, xenio da literatura a nivel mundial. Lonxe do que moitas persoas poden pensar, a literatura fantástica está chea de valores moi positivos como o amor, a amizade, a humildade, a fidelidade, a perseverancia, o compañerismo, enfrontarse a retos...non é xenial poder coñecer este tipo de cousas a través da fantasía? 

Moita xente descoñece que Tolkien escribíu historias adaptadas para os seus fillos pequenos. 


Creou un mundo que chamou a "Terra Media". Na Terra Media non soamente vivían homes e mulleres coma nós senón tamén outros seres diferentes que algúns chamaban "medianos" pero que seguramente todos e todas coñecemos como os "hobbits". Encantoulles coñecelos e saber cousas sobre eles/elas! Bilbo, Frodo, Sam, Merry, Pippin... 

Viven nun lugar chamado "A Comarca de Hobbiton"  se queres ver como é preme aquí para ver fotos. Quen puidera vivir nun sitio tan bonito...

Disfruta despois da música con este outro vídeo!


Aquí poderás dar unha volta de forma virtual por Hobbiton dan man de Bilbo Bolson, un hobbit moi importante! 
Preme enriba da imaxe!

Outros seres creados por Tolkien foron os "elfos". O lugar onde vivían se chama Rivendell, lugar protexido por cascadas e bosques. Os elfos teñen poderes curativos e espirituais e sempre buscan axudar aos demáis. Légolas, Galadriel, Elron, Arwen...


Os elfos e elfas tiñan a súa propia lingua! Qué pasada verdade? 

Queres saber como é o teu nome en élfico? Preme AQUÍ!

Aquí pon ESCOLA DE CARRIO

Os elfos e elfas aman as estrelas por enriba de todo, en Rivendel se poden apreciar as máis fermosas e crean cantos porque lles fascina a música. Son amantes da natureza e dos animais e protexen os bosques.

Escoita este canto élfico e logo disfruta desta canción de Enya, cantante cunha voz espectacular, que ben podería ser dunha elfa.


Como son seres tan máxicos...fixemos amuletos e broches élficos ben chulos! Queredes velos?

No hay comentarios: