11 marzo 2018

GALEGOS NO MUNDO: REINO UNIDO

E seguimos co noso paseo por diferentes partes do mundo esta vez da man da nosa amiga Leila que vive no Reino Unido!
Leila é unha amiga da profe que marchou hai uns aniños con Sergio (o seu mozo) a vivir a un sitio do Reino Unido que se chama Rugby.

Aprendimos con ela que alí teñen diferente moeda á que temos nós, se chama libra.

Tamén nos ensinou unha comida típica inglesa que se chama fish and chips e que os venres é o día que normalmente o comen!

Tamén tivemos a gran sorte de ver o seu coche! Que é diferente ao noso porque ten o volante no lado dereito e conducen tamén ao revés que nós. A matrícula tamén é distinta!

Enviounos vídeos sobre como é o sitio onde traballa e en qué consiste a súa labor, ela é terapéuta hortícola e axuda á xente que esqueceu como facer algunhas cousas a lembralas e a practicalas, por exemplo como coller un autobus pero tamén traballa con eles nun xardín e nunha horta e facendo actividades incluso con animais, como os galgos!




Leila enviounos un montón de vídeos máis como por exemplo como son os parques dos nenos no Reino Unido, alucinantes!!!

Ademáis nos fixo partícipes dunha excursión que fixo con Sergio á casa onde naceu William Shakespeare e tamén como disfrutan os ingleses os fins de semana na natureza.

Moitas grazas Leila e Sergio por ensinarnos un anaquiño das costumes e paisaxes ingleses! See you soon!




No hay comentarios: